Buscar neste blog

Mandrágora (Laura Gallego)

Cornelius, o sabio da corte do rei Héctor, desaparece en estrañas circunstancias. Búscase un substituto inmediato, e o erudito Zacarías chega á corte acompañado da súa filla, a moza Miriam. Nas sombras, alguén conspira contra o rei para derrocalo e apoderarse do reino. Miriam e Zacarías veranse envolvidos nunha trama de ambición, vinganza e maxia negra que poñerá as súas vidas en perigo.