Buscar neste blog

Magosto 2018

Aínda que a meteoroloxía obrigou a modificar o plan inicial, esta mañá celebramos o magosto. Non puidemos realizar a andaina e asar as castañas no monte pero, gozamos dunha divertida xornada de xogos populares, no polideportivo do centro, coa que entramos en calor: brilé, tira da corda, carreiras de relevos, billarda, bolos celtas...
Para rematar a xornada, unhas riquísimas castañas.