Buscar neste blog

Colección: "Titus Flaminius" (Jean-Francois Nahmias)

LA FUENTE DE LAS VESTALES

Titus Flaminius xura atopar ao asasino da súa nai. Para iso seguirá a pista dunha perla roubada á amante de Julio César. Os indicios levaranlle ata a bela Licinia, unha das vestales que gardan o lume sacro. Desta maneira penétrase nunha Roma descoñecida para el, unha Roma de complots, marxinación, misterios e perigos.




 
LA GLADIADORA

Roma, ano 58 antes de Cristo. Unha muller pelirroja, vestida de gladiadora, sementa o terror na cidade ao asasinar brutalmente a varias das súas grandes personalidades. As investigacións conducirán a Titus Flaminius, o novo avogado patricio, ata Pompeya, onde non dubidará en infiltrarse no circo como gladiador, arriscando a súa vida. 





EL  MISTERIO DE ELEUSIS
Titus Flaminius atópase en Atenas estudando na famosa Academia que fundou Platón. A raíz do asasinato dunha nova, vivirá unha inquitante aventura que virará ao redor das secretas cerimonias dos Misterios de Eleusis. 
LA PISTA GALA
Titus Flaminius desprázase á Galia cunha misión secreta: pescudar se os galos seguen sendo partidarios de manter a paz con Roma. Con todo, alí Titus é testemuña indirecta dun novo asasinato e encargarase de descubrir ao culpable.