Buscar neste blog

Circe ou o pracer do azul


 
A esposa e a amante, dúas mulleres que poderían ser rivais, mais que non o son; todo o contrario, son irmás, amigas, cómplices, confidentes. E que teñen en común? O seu amor e odio por Ulises, personaxe que serve de elo entre estas dúas poderosas mulleres, Penélope e Circe. A través dunha relación epistolar trábase entre elas un universo feminino onde as protagonistas son as mulleres e o amor.
Di Begoña Caamaño “É o tempo do feminismo: da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e, por qué non? Da felicidade” Eses valores dos que fala, esa felicidade que nunca esquece e que tinguen estas páxinas escritas dende o amor.
Se queres adentrarte no mundo da mitoloxía e dos sentimentos femininos non podes deixar de ler Circe ou o pracer do azul.