Buscar neste blog

Libros de lectura en inglés

Libros de lectura para os cursos de secundaria e bacharelato.


Colección: Torres de Malory (Enid Blyton)



Torres de Malory é unha saga de libros xuvenís escrita pola autora inglesa Enid Blyton.

Narra as aventuras das alumnas dun internado feminino chamado Torres de Malory ( Malory Towers no orixinal). A autora mostra os valores positivos que se idean nos internados ingleses ás adolescentes ata convertelas en persoas dun comportamento correcto.

Fuego y sangre (George R.R. Martin)

O novo libro de George R. R. Martin narra a fascinante historia dos Targaryen, a dinastía que reinou en Poñente trescentos anos antes do inicio de «Canción de xeo e lume», a saga que inspirou a serie de HBO: Xogo de tronos. Séculos antes de que tivesen lugar os acontecementos que se relatan en «Canción de xeo e lume», a casa Targaryen, a única dinastía de señores dragón que sobreviviu á Maldición de Valyria, asentouse na illa de Rocadragón. Aquí temos o primeiro dos dous volumes no que o autor de Xogo de tronos cóntanos, con todo luxo de detalles, a historia de tan fascinante familia: empezando por Aegon I Targaryen, creador do icónico Trono de Hierro, e seguido polo resto das xeracións de Targaryens que loitaron con fiereza por conservar o poder, e o trono, ata a chegada da guerra civil que case acaba con eles. Que pasou realmente durante a Danza de dragones? Por que era tan perigoso achegarse a Valyria despois da Maldición? Como era Poñente cando os dragones dominaban os ceos? Estas, e outras moitas, son as preguntas ás que responde esta monumental crónica, narrada por un culto maestre da Cidadela, que anticipa o xa coñecido universo de George R. R. Martin.

Colección: Clásicos adaptados ao galego (3º e 4º ESO)

  • Robinson Crusoe.
  • O xigante egoísta.
  • Miguel Strogoff.
  • O mago de Oz.
  • Aprendiz de detective.
  • Relatos de mosntros.
  • Oliver Twist.
  • Relatos de pantasmas.
E moitos máis como As viaxes de Gulliver:


Día dos dereitos humanos



Os alumnos/as de 1º da ESO celebraron onte
       o día  dos dereitos humanos.

Colección: Clásicos adaptados ao galego (1º e 2º ESO)


Hugo e Miguel contannos en instagram os seus libros preferidos.