Buscar neste blog

O puño e a letra (Yolanda Castaño)

Este é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry: o diálogo da poesía e a banda deseñada que en galego poderiamos traducir por «Cómic Poético».40 poemas interpretados en viñetas por 40 dos nomes máis salientables da escena galega. 40 textos seleccionados de entre os 25 anos de aventura literaria de Yolanda Castaño.

Alas negras (Laura Gallego)

Ahriel recobrou a súa liberdade e obtivo a súa vinganza, pero aínda hai algo que debe facer. Tras acudir a render contas aos seus semellantes na Cidade das Nubes, disponse a renovar a procura da máxica prisión de Gorlian para recuperar aquilo que deixou atrás ao escapar. Está decidida a facer calquera cousa para atopalo, mesmo interrogar á única persoa que sabe onde se oculta. Chegar ata ela non será fácil, pero Ahriel non estará soa esta vez…

Alas de fuego (Laura Gallego)

A nova raíña Marla é a soberana dunha nación resplandeciente. Ahriel, un anxo feminino, está ao seu lado desde que naceu, coa misión de guiala e protexela, e de gardar o equilibrio nos reinos humanos. Pero cando descobre unha conspiración para iniciar unha sanguenta guerra, Ahriel é traizoada e encerrada, coas ás inutilizadas, na espantosa prisión de Gorlian, un mundo primitivo e brutal do ninguén logrou escapar xamais. Ahriel deberá aprender non só a sobrevivir en Gorlian, senón tamén a ver as cousas desde o punto de vista humano… a nivel de chan.

Todas las hadas del reino (Laura Gallego)

Camelia é un fada madriña que leva trescentos anos axudando con gran eficacia a novas doncelas e aspirantes a heroe para que alcancen os seus propios finais felices. A súa maxia e o seu enxeño nunca lle fallaron, pero todo empeza a complicarse cando lle encomendan a Simón, un mozo de cuadra que necesita a súa axuda desesperadamente. Camelia solucionou casos máis difíciles; pero, por algún motivo, con Simón as cousas comezan a torcerse de forma inexplicable…

Gañadoras do concurso de microrrelatos Samaín 2018.

As gañadoras cos compoñentes do xurado e outros invitados ao evento.
O mércores 31, entregáronse os premios ás gañadoras do concurso de microrrelatos de Samaín.
Na categoría A (1º, 2º e 3º ESO; FP Básica) a gañadora foi Naira Macía González de 1º ESO co microrrelato O pesadelo.
Na categoría B (4º ESO, 1º e 2º BAC; ciclos formativos) a gañadora foi Eva Quintela Baloira de 2º BAC con A porta do IES Xermán Ancochea Quevedo.
As alumnas leron os seus inquietantes relatos na biblioteca poñéndonos os pelos de punta e deixándonos un pouco preocupados polo que puidese pasar ao longo do día no que os mortos camiñan entre os vivos.
Noraboa ás gañadoras e a todo o alumnado que participou no concurso.

Naira Macía González

Eva Quintela Baloira

Eva, Carmen, Naira


Feridas de Samaín

Durante o recreo de hoxe, luns 29 de outubro, tivo lugar  o primero obradoiro de maquillaxe. A profesora Ana ensinounos como facer unha ferida para o próximo disfrace de Samaín.
Aquí tedes unhas fotos do proceso e do resultado: