Contan que, máis aló dos Montes de Xeo, máis aló da Cidade de Cristal, habita a Emperatriz nun cegador palacio….
Bipa non cre nos contos de fadas. Non lle interesa o que poida haber máis aló das Covas onde habita a súa xente. Pero cando o seu amigo Aer, fascinado pola lenda da mítica Emperatriz, parte nunha viaxe cara a unha morte segura, Bipa irá buscalo, arriscando a súa propia vida nun mundo de xeo bañado pola luz da estrela azul, perseguindo algo que pode non ser máis que unha quimera. Existe de verdade o Reino Etéreo? Existe algo máis alá da confortable seguridade das Covas? Ou, pola contra, non hai máis que frío, morte e escuridade?

A tranquilidade do pequeno pobo francés de Beaufort vese alterada por un feito que, en principio, parece carecer dunha explicación razoable. Morillon atopou morta unha das súas vacas en estrañas circunstancias: completamente desangrada.
Algúns habitantes do pobo, como Jerôme, cren que a mansión Grisard garda certa relación co suceso. O vello caserón
permanecera deshabitado e abandonado durante moitos anos, ata que de
súpeto instálase alí a bela e enigmática Isabelle, que regresa á
localidade que a viu nacer e de onde fuxiu tempo atrás. O misterio que
rodea a esta muller espertará as sospeitas dos seus veciños, e o
xendarme do lugar, Max, comeza a investigar.
Hoxe en día xa ninguén cre nos anxos…
Cat é unha adolescente que se pasou case toda a súa vida viaxando dun lado a outro co seu pai. Cando este é asasinado, ela pérdeo practicamente todo e xura que atopará a quen o fixo e farallo pagar. Non será unha procura fácil, pero Cat non é unha moza corrente. O seu pai era un anxo, o cal significa que só alguén cun poder semellante ao seu podería derrotalo. E Cat está disposta a pactar cos mesmos demos con tal de pescudar quen foi.

Para salvar a alma da súa madrastra, Jonathan debe atopar o reloxo Deveraux
antes de que transcorran doce horas. Está nalgún lugar da Cidade
Antiga. Pero a medida que avanza a noite, a cidade vai transformándose. É
e non é a mesma…
Todo o mundo sabe que en Omnia, a gran tenda virtual,
podes comprar calquera cousa. No seu catálogo atoparás todo o que poidas
imaxinar, e mesmo obxectos que nin sequera sospeitabas que existían.
Por iso, cando Nico tira ao lixo por accidente o peluche favorito da súa
irmá pequena, non dubida en buscar na súa web uno igual para
substituílo. Pero un erro informático inesperado conducirao ata o mesmo
corazón de Omnia, un inmenso e extraordinario almacén no que a procura do peluche será só o comezo dunha emocionante aventura.