Buscar neste blog

DANI BLANCO # Lectura e familias

 O luns 19 de xuño contamos coa presencia de Dani no noso centro, mantivo dúas xuntanzas,  unha co alumnado e outra con adultos do grupo de lectura e familias. Un espectáculo moi bonito.







ROTEIRO DOS POETAS DE CELANOVA

 O mercores 14 de xuño os compoñentes dos grupos CLUB DE LECTURA "FURGANDO NOS LIBROS" e LECTURA E FAMILIAS fixeron unha visita a vila de CELANOVA. 

Visitaron o mosteiro e as súas instalacións facendo fincapé na bibliioteca e disfrutaron dun concerto de órgano na súa igrexa.

Finalizamos a xornada cunha visia a casa dos poetas. Unha tarde moi aproveitada, formativa e divertida.

Compartimos unha cea de confraternidade.






PEGADA DIXITAL

 O luns, 12 de xuño, estivo no centro un rofesional de Amtega, para impartir unha charla sobre os recursos dixitais que emprega o alumnado e os seu benficios e posibles perxuizos. Os rapaces e rapazas de 2º da ESO foron os asistentes a dita actividade que se realizou na biblioteca do centro.



Resultou ser moi formativa e informativa.

OS NOSOS ESCRITORES COA LECTURA FÁCIL. SEMINARIO

 Como cada ano un grupo de profesores/as de Viana, A Rúa, O Barco e Trives realizamos un seminario de traballo no CFR do Barco de Valdeorras. O de este curso consistiu en rematar un libro homenaxe a Dario Xoán Cabana e en montar uns posters de  poemas ilustrados de Florencio Delgado Gurriarán. O resultado foi moi satisfactorio, aquí pódese comprobar.











Xuntanza CEIP- IES. Día do Medio Ambiente

 Hoxe día  1 de xuño o alumnado de 2º de primaria e o de 4º da ESO de Trives compartiron a xornada para realizar actividades de reciclaxe e experimentos no laboratorio de ciencias do IES.









PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGUSTICA DE ENGLISH WEEK

 O alumnado de 1º da ESO durante unha semana participou en Os Peares, do programa de inmersión linguistica da English week.








QUEN ANDA NOS BOSQUES DE TRIVES?

O ALUMNADO DE CLUB DE CIENCIAS DE 1º DE BACHARELATO, LEVOU A CABO DURANTE O PRESENTE CURSO COMO TRABALLO A RECOLLIDA DE FAUNA DA COMARCA DE TRIVES.