Buscar neste blog

SAMAÍN

 


CAMBIO CLIMÁTICO

 Membros do departamento de física da Universidade de Vigo,  Marta Vázquez Domínguez, Rogert Sori Gómez  e Milica Stojanovic, viñeron o pasado 29 de setembro a impartir unha charla sobre "Cambio climático" ao alumnado de 3º da ESO.

Os rapaces recoñecen que foi moi interesante coñecer a realidade que se lles presentou.



A VOLTA DO CLUB DE LECTURA

 Neste novo curso comezamos de novo co club de lectura, os adultos esperábannos con impaciencia e felicidade.
Desexamos que esta nova andaina sexa tan produtiva e entretida como as anteriores.

Xa temos preparada a primeira saída


ACOLLIDA DO NOVO ALUMNADO NA BIBLOTECA

 Como cada inicio de curso dende a biblioteca facemos unha sesión de acollida ao alumnado de 1º da ESO, informamos sobre o funcionamento, normas, catalogación, voluntariado, club de lectura, recreos de lecer...O alumnado aporta experiencias e exprica cales son os seus gustos e preferencias para poder ter fondos atractivos para eles.



Animo e a disfrutar da lectura e novas experiencias.

RECREOS DIVERTIDOS

  Comenzamos o mes do octubro cos recreos activos, os rapaces/zas, terán o seu dispor uu gran número de xogos para disfrutar dos seus ratos de lecer. A profesora María Miguélez, estará sempre o seu dispor para insiñar o desenvolvemento de cada xogo ao alumnado que o precise.








MÓLLATE POLOS RÍOS

 O mércores, 27 de setembro o alumnado de 1º e 3º da ESO xunto co alumnado do CEIP participaron xunto cos seus profesores na limpeza dos ríos Cabalar e Ficaiño.  A actividade foi organizada e supervisada pola profesora de bioloxía Ledicia Santos, dentro do programa "Proxecto Ríos" no que participa o IES.



Aproveitouse a saída para estudar a fauna e flora autóctona para facer un herbario.



GRAZAS A TODOS POLO VOSO COMPROMISO DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA

SAÍDA PRADA

 O luns, 25 de setembro o alumnado da ESO, realizou un roteiro,  xunto cun grupo de profesores para visitar a Morrena de Chaguazoso e o Val glaciar de Prada.           Todo esto supervisado polo departamento de Xeografía e Historia,                            con expricacións da profesora Ana García Earley.










ESTAMOS AQUÍ DE NOVO

Damos a benvida a un novo curso

Esperando que sexa tan fructífero e atractivo cono o pasado.

Como novidade facemos a presentación do novo logo da biblioteca, 
diseñado pola profesora María Miguélez