O ÚLTIMO BARCO

A PRAIA DOS AFOGADOS
Finalista do International Dagger Prize 2011
Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de adultos
Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria
Premio Brigada 21 de novela negra

Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos
esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da
Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as
tabernas da cidade de Vigo.
A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.
Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.

OLLOS DE AUGA
A novela coa que Domingo
Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego.
Protagonizada polo inspector Caldas, esta obra salienta por combinar
suspense, personaxes orixinais, ambiente urbano e humos nas doses
precisas que esixe o xénero negro. Un novo autor para a literatura
galega e unha novela na que lectura e diversión son sinónimos.
Na torre da illa de Toralla, en plena ría de Vigo, aparece o cadáver
dun saxofonista. O asasinato, dunha crueldade e sangue frío inusitados,
vai ser investigado por Leo Caldas, inspector de policía que busca o
seu lugar no mundo e que, ademais do seu traballo na comisaría, intervén
nun consultorio radiofónico ao que os cidadáns se achegan coas queixas
máis diversas. O seu axudante, Rafael Estévez, é un aragonés destinado
na cidade, un elemento estraño en terra hostil cun carácter demasiado
impetuoso para os seus novos veciños. O caso desenvolverase entre o
ambiente cálido e nocturno dos clubs de jazz e a atmosfera tensa e
afectada da alta burguesía viguesa.
Novela policial salferida de humor e con grandes doses de suspense, Ollos de auga sitúa ao seu autor na liña de escritores que, coma Andrea Camilleri e Henning Mankell, renovan o xénero negro desde Europa cunha obra na que o interese da narración se ve acrecentado por unha visión crítica da sociedade. Na obra de Domingo Villar conviven certa melancolía coa ledicia da música e o viño branco. Unha historia de misterio zarrapicada de ironía, unha intriga retranqueira, unha novela negra en cores.