Buscar neste blog

CONCURSO DE MICRORRELATOS SAMAÍN


CONCURSO DE MICRORRELATOS SAMAÍN

BASES DO CONCURSO

1. PARTICIPANTES: de calquera curso e idade.
2. MICRORRELATOS: deberán ser orixinais, escritos en lingua galega e cunha extensión máxima de 70-80 palabras. A temática xirará en torno ao SAMAÍN, “o día que os mortos camiñan entre os vivos” e polo tanto teñen que dar mooooito medo.

NORMAS DA HORA DE LER







NORMAS DA HORA DE LER

  • O alumnado da ESO ten unha sesión semanal obrigatoria adicada á lectura.
  • A sesión está incluída dentro do horario do alumno/a .
  • O calendario destas sesións está pendurado no taboleiro de aula e no blog “Furgando nos libros” da biblioteca.
  • Esta actividade realízase sempre na aula da materia correspondente.
  • O alumno/a pode escoller libremente a lectura a realizar (libro de lectura obrigada, libre, xornais, cómics, revistas...) previa supervisión do profesorado. 
  • O alumnado dispón dunha biblioteca de aula  con diverso material para a realización desta tarefa. 


LA CASA DEL RELOJ EN LA PARED (John Bellairs)



Non oes o tic- tac? 
O libro no que se basea a película La casa del reloj en la pared, con Cate Blanchett e Jack Black, producida por Steven Spielberg. 

Despois da morte dos seus pais, Lewis debe irse a vivir á mansión do seu excéntrico tío Jonathan. Pronto descobre que o seu tío e a súa veciña, a señora Zimmermann, non só son uns pouco estraños, senón que ambos son meigos. Pero que é ese inquietante tic- tac que resoa na casa? Que perigos se esconden dentro das paredes da mansión?






A BALADA DOS UNICORNIOS (Ledicia Costas)

A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.

LA NIÑA QUE BEBIÓ LUZ DE LUNA (Kelly Barnhill)

Unha marabillosa fábula sobre os lazos que nos unen. 

Esta é a historia dunha nena que naceu sen maxia, e bebendo luar converteuse nunha persoa enmagizada. Dunha bruxa cun gran corazón e unha misión imprevista. Dun monstro do pantano sabio e poeta. E dun minúsculo dragón que espera crecer algún día. Esta é a historia de seres máxicos que se comportan como persoas correntes, e persoas correntes que se converten en seres máxicos. Esta é a historia de como todos eles salvaron ao seu mundo da infelicidade e a tristeza.

LA SEÑORITA BUBBLE (Ledicia Costas)

A xente da aldea odiaba á señorita Bubble desde que chegou. A inventora apareceu unha mañá asollada, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse nunha casa deshabitada durante anos. Rexeitárona polo seu traballo, polos seus inventos, pola súa maneira de vivir. Ninguén sospeitaba o que realmente sucedía dentro da mansión da señorita Bubble.