Buscar neste blog

Máquina Hamlet e outras pezas (Heiner Müller)


A obra do dramaturgo alemán sitúase entre un realismo crítico inicial e unha exploración ulterior da condición posmoderna na súa orientación máis crítica e aceda, aquela que quere cuestionar as normas, os preceptos, o canon, explorando formas de enfrontar una realidade nova, moitas veces rota e fragmentada. Nesa dirección, a súa obra recolle as convulsións que no plano histórico, filosófico e político vive o mundo occidental na segunda metade do século XX.

El vestido (Jennifer Robson)

Unha novela sobre as mulleres que crearon o traxe de noiva que fixo soñar a toda unha época. Elegante como The Crown, cativadora como O tempo entre costuras. 

Londres, 1947. Asediados polo frío inverno, os británicos padecen o racionamento a pesar da súa vitoria na Segunda Guerra Mundial. Pero Buckingham Palace remontará os ánimos da nación co anuncio do compromiso da princesa Isabel. 
Para Ann e Miriam, bordadoras no taller dun famoso modisto, a voda é máis que unha celebración. Foron elixidas para unha honra única na vida: crear os bellísimos bordados que adornarán o vestido de noiva da futura raíña de Inglaterra. Unha oportunidade única para unha moza inglesa de clase traballadora e unha emigrada francesa que sobreviviu ao réxime nazi. Toronto, 2016. Intrigada polas exquisitas flores bordadas que herdou da súa avoa, Heather tenta desentrañar o misterio da súa orixe. Como alguén que nunca falou do seu pasado en Inglaterra posuía uns bordados de incalculable valor que se parecen tanto aos que levaba Isabel II na súa voda? Que conexión tiña a súa avoa coa sobrevivente do Holocausto, Miriam Dassin?.

Dos sainetes (Fernando Arrabal)

Unha comida no campo, en domingo e en familia, non resulta excepcional, pero en pleno campo de batalla, con invitado-inimigo incluído... E que non fará o Duque de Badaxoz por amor? Conseguir que as cascudas acudan a un curso de Metafísica na Universidade de Yale non é tan extravagante, e menos polo amor da Princesa Pitusa.

Pioneiras 2 (Anaír Rodríguez)

Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.

Pioneiras (Anaír Rodríguez Rodríguez)

Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

Érase una vez la revolución (José M. Ballesteros Pastor)

Luís XIV, Rey de Francia abúrrese " soberanamente " xunto con dous aritócratas máis: O conde de Laperdí e o señor de Lapatacoja. O pobo e os burgueses están fartos de humillacións e do desenfreo dunha corte que soamente pensa na diversión. Pero unha vez que conseguen acabar coa monarquía, un deles ha de quedar co poder...