Buscar neste blog

A MEMORIA DEMOCRÁTICA DAS TERRAS DE TRIVES E CALDELAS

 Laura Vázquez Rodríguez, ex - alumna neste instituto e licenciada en Historia e Turismo, veu ao centro a expoñernos o seu traballo de investigación " A memoria democrática nas Terras de Trives e Caldelas". Un traballo laborioso que nos leva a coñecer a nosa historia nun tempo moi conflictivo. 



Grazas por compartir o teu saber connosco.

A DEPORTACIÓN REPUBLICANA AOS CAMPOS NAZIS

 No día de hoxe contamos coa presenza de Elvira Fernández Núñez para contarnos de primera man historias dos deportados españois nos campos de concentracións nazis.

É moi importante non deixar no olvido todas estas historias, porque o pobo que olvida a súa historia está condenado a repetila. 



ELVIRA NUN MOMENTO DA SÚA INTERVENCIÓN


MEMBROS DO CLUB DE LECTURA E DO PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS


LOLI COORDINADORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE OURENSE, CARMEN COORDINADORA DO CLUB DE LECTURA, ELVIRA RELATORA E FRANCISCO DIRECTOR DO IES.

CERTAME FEIRACO



 ANALÍA BALOIRA de 2*  e NOA RODRÍGUEZ de 1* de Bacharelato gañan o 2* e 3* premio da categoría  xuvenil do XII Certame de microrrelatos de Feiraco.

Preme no seguinte enlace e podes consultar os gañadores e ler os seus relatos.

https://feiraco.es/cooperativa/ganadores-xii-certame-de-relatos-breves/?fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEAAaaLePpgL0Rh34WmzG1WjF-03SkO5ECPavUWYPiRvsP55AhZmkh5rx5CFfI_aem_AdmRWNnnyfI5gpPa4SmSUa27Hevu9wxAGqwN6--RNbkWjRotuTGYV-NuSDHz5xuuC7uoi1c3QZ9KZoKwtjHoJ2mx

OUTRO PREMIO

O alumno Iker Pérez Álvarez, foi o gañador do 2* premio do XXVIII certame literario de Piñor na categoría de 13 a 17 anos.


Noraboa e que gañes moitos máis.


RUBÉN PORTAS E OS FELINOS DE NAMIBIA

 Hoxe visitounos Rubén  Portas para contarnos a súa experiencia de investigar grandes felinos, entre eles leopardos e guepardos e a situación para a mellora da convivencia dos felinos e os gandeiros.







XORNADA DE CONVIVENCIA

 Hoxe recibimos a visita do alumnado de 6* de primaria dos coles de Manzaneda e Trives, que serán o alumnos de 1* da ESO do  noso IES no vindeiro curso.

Estiveron xogando coa orientadora Almudena sobre que é eso da ESO? Co profe de ed. Física con xogos populares tradicionais e resolvendo un reto, para coñecer as estancias do centro, a través dun quebracabezas. O recreo foi en compañia do alumnado de 1* da ESO e para rematar degustación duns petiscos en cafetería.

Esperamos que o pasaran ben e lles gustase o centro.

Ánimo e sorte na nova andaina que van emprender.







VIAXE LÚDICO - MUSICAL A CORUÑA

  O alumnado de música co seu profe Lucas e a profe Xiana fixeron unha saída cultural a Coruña.  Alí disfrutaron das seguintes actividades:

- Visita o porto comercial.

- Museo arqueolóxico do Castelo de san Antón.

-Museo de Belas Artes 

- Concerto de Silvia Pérez Cruz no teatro Colón.





TECNOLOXÍA

 No taller de tecnoloxía a profe Laura xunto co seu alumnado deseñou e construiu uns taboleiros nos cales si relacionas ben o nome co debuxo de diferentes animais acendese unha bombilla. 









CHARLA

 O mércores 29 de maio, o alumnado e profesorado de ciclos formativos, asistiron a unha charla impartida por parte de membros de INSTAELECTRO ( asociación de instaladores eléctricos e electrónicos de Ourense). Na biblioteca do noso I.E.S.