Buscar neste blog

OBRADOIRO DE CIENCIAS

 


Unha vez máis recibimos a visita do alumnado do CEIP. Para realizar actividades compartidas co noso alumnado de bioloxía. Xogaron, investigaron, aprenderon cousas novas, pero sobretodo interactuaron e divertíronse.










VIAXE A LUGO

 O día 29 de maio o alumnado de 2°, 3° e 4° da ESO xunto coas profesoras Iría de Galego, María de Filosofía e Carmen responsable da biblioteca, realizaron unha saída cultural con diferentes actividades. Visita guiada o aeródromo de Rozas (Castro de Rey), expricaron que labores se realizan nas instalacións, vimos avións. Visitamos O Vello Cárcere de Lugo, contousenos o emprego das instalacións e o seu funcionamento ata a década dos oitenta e o uso na actualidade. Alí contemplamos varias exposicións. Tamén realizamos un roteiro literario de autores lugueses dirixido por unha profesora de Lugo, Eva. 

Tivemos intres de lecer, paseo polo parque de Rosalia, café e xeados...









GRADUACIÓN


O pasado 15 de maio celebrouse no I.E.S Xermán Ancochea Quevedo o acto de graduación do alumnado de 2° de F.P. Básica, 2° de Ciclo medio e superior e 2° de Bacharelato, con música, videos, discursos, agasallos, petiscos e cea, en resumo un día de festa para a comunidade escolar.


2° de Bacharelato coa súa titora Estrella 


2° de F.P.Básica coa titora Susana


2° de Ciclo Medio 


2° de Ciclo Superior co titor Javier.

Feliz comenzo dunha nova etapa para todos eles. 

NORABOA


HERBARIO CON PRANTAS DA CONTORNA





O día 22 de abril o alumnado de F.P.Básica xunto coa profesora de bioloxía  Ledicia Santos e a de Historia Ana Earley saíron polo pobo a recoller follas típicas da contorna.

PREMIOS DE SOLIDARIEDADE

 

Catro alumnos do IES Xermán Ancochea de Trives, finalistas no XI Certame Falando de Solidariedade

Os traballos de Erika Baloira, Noa Macía, Andrés Vázquez e Noa Prieto chegaban á final na categoría de Educación Secundaria do concurso convocado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía en memoria de Celtia e Eva

Un total de 15 alumnos, de 2º de Bacharelato e 4º de ESO, do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives participaban non XI Certame de debuxo, conto e relato “Falando de Solidariedade” convocado polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía en memoria de Celtia e Eva.

O director e a vicedirectora fan entrega ao alumnado de 4º da ESO dos premios acadados no concurso de solidariedade.








Nesta undécima edición do concurso os traballos versaron sobre “todo o que xira arredor da problemática daquelas persoas que grazas a solidariedade poden afrontar, mellorar, ou superar situacións críticas e dificultades derivadas da súa diversidade funcional, sexa do tipo que sexa: discapacidade física, intelectual, mental, psicosocial, sensorial, auditiva, visual…”

Nesta ocasión, os traballos de Erika Baloira e Noa Macía (debuxo, caligrama) “A árbore da solidariedade” e de Andrés Vázquez e Noa Prieto “A historia de Miguel: un camiño para a aceptación”, de 4º da ESO, conseguiron ser finalistas na categoría de Educación Secundaria.  Un logro polo que son felicitados polos centro, que dá as grazas “a todos os participantes por implicarse en propostas solidarias coma esta”.

Noraboa os gañadores.


LUISA VILLALTA

 

                                                

Todo o alumnado do centro participou en diferentes actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, algúns destes traballos son:










VISITA AO ILGA E AS MARÍAS


                                  



 O alumnado de 1º de bacharelato realizou unha visita o Instituto da Lingua Galega, onde tivemos o privilexio de conversar con Antón Santamarina e facer un percorrido pola historia da institución.

O remate da actividade fomos coñecer, saudar e facer unha foto con Coralia e maruxa as dúas Marías de Santiago.

Resultou un día perfecto.









PREMIO " DÍGOCHO EU DE OURO"

 O alumnado de 1º de bacharalato recibiu o premio do concurso da TVG "Dígocho eu" na categoría de ouro polo seu traballo sobre "O Folión da Mourela pra ca"

O alumnado trasladouse a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acompañados pola súa profesora de galego Iría e tras toda unha serie de actividades recibiron con ledicia esa recompensa.







NORABOA

PAULA CARBALLEIRA E OS CONTOS


 O pasado 22 de maio co gaio da celebración das Letras Galegas, tivemos no noso centro a actriz e escritora Paula Carballeira para falar do seu libro "As alumnas" e contar novos contos e pola tarde a xuntanzas foi cos membros do club de lectura de adultos. Sempre é un pracer poder pasar un rato con ela e as súas historias.











Chanzos contra o bullying

DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, ALMUDENA, ESTÁ A FACER UNHA GRAN LABOR E ESFORZO POR ACADAR UN RECHAZO POR PARTE DO ALUMNADO FRENTE A LACRA DO BULLYING.  

GRAZAS